Aerosmith é unha das bandas máis
importantes de Rock de toda a historia, e unha das influencias máis
determinantes para moitos músicos actuais de hard rock. Tamén
teño que dicir que non son imparcial xa que son o meu grupo preferido,
e por iso decidín realizar esta páxina a modo de pequena
homenaxe.
Inclúe letras, portadas dos discos, e
unha pequena historia da banda.
O primeiro nome proposto foi "The Hookers", pero resultaba demasiado escandaloso (significa algo así como "Os Putos"), e será substituido polo nome que Joey Kramer suxerira: Aerosmith, un nome sen ningún significado especial, pero que sona moi ben.
A banda comezou a tocar en clubes da súa
cidade natal, e o primeiro concerto como Aerosmith foi en agosto de 1970
na Nipmuc Regional High School, e naqueles tempos incluían temas
de blues, cancións de James Brown, dos Stones ("Live with me"),
de Lennon ("Cold Turkey") e dos Yardbirds ("Shapes Of Things"). Deste primer
repertorio destaca "Train kept a rolling", unha canción dos Yardbirds
que adoptaron case coma propia ó transformar totalmente a versión
orixinal, e que ainda hoxe tocan en directo, e tres temas propios que acabarían
por aparecer no seu primeiro disco: "Walking the dog", un tema de Rufus
Thomas, e dúas composicións propias: "One Way Street" e o
megaclásico "Dream On".
Os seus demoledores concertos chamaron a atención
de managers e promotores, e comezan a telonear a bandas como Humble Pie,
a Mahavisnu Orchestra, os Winter Bros, etc..., o que axuda a aumentar máis
a súa crecente fama, e a contactar cun dos mandamases da Columbia
Records (Clive Davis), que acabará por fichar a Aerosmith no verán
de 1972.
Antes de todo isto, no inverno de 1971, Ray Tabano deixa a banda, e o seu posto é ocupado por Brad Whitford, o actual guitarra rítmica do grupo, e definindo así a formación clásica de Aerosmith: Tyler, Perry, Whitford, Hamilton e Kramer, que grabarán o primeiro disco en 1973: "Aerosmith".
Neste disco aparecen os dous primeros singles de relativo repercusión da banda: o xa mencionado "Dream On" (que se faría bastante máis famoso en reedicións posteriores), e "Mama Kin", o tema que versionearon os Guns N' Roses para o seu EP "Live like a suicide" de 1987. No album aparecen seis temas máis, e comeza con "Make It" no que Steven Tyler dá a benvida ó seu espectáculo: "good evening people, welcome to the show" , e que sirve coma botón de mostra para saber o que atoparás no resto de cancións : unha imponente voz, guitarras "bluesy", e a demoledora base rítmica de baixo e batería.
A pesares dos dous singles xa comentados, o disco non é un exitazo comercial a nivel dos EE.UU. : Aerosmith xa son a banda máis coñecida de Boston, pero ainda non invaden o resto do pais. Por iso, a banda segue coma teloneros de bandas coma os Kinks e sobre todo, de Mott The Hoople, cos que realizan unha xira devastadora (musicalmente falando).
No outono de 1973, o grupo deixa estas "tournees", e se reclúen nun estudio de New York para prepara-lo seu segundo disco: "Get Your Wings" (1974), producido por Bob Ezrin, e debe servir para extende-la febre "Aerosmith" fora da súa cidade natal. O primeiro que destaca do album é a presencia dun logotipo na portada, similar ó actual, e que foi deseñado polo antigo guitarra Ray Tabano. Tamén destacan as cancións coma "Lord Of The Thighs", "Seasons Of Wither", "Same Old Song And Dance" e a imprescindible "Train Kept A Rollin". Este disco dispara ó grupo, con máis de 500.000 copias vendidas.
Aerosmith conv�rtese así na mellor banda de rock de todo o continente, e seguirán a demostralo cando publican en 1976 un dos cumios da súa carreira: o impresionante "Rocks" , que coa súa portada con diamantes daba unha pequena idea do que contiña: para un servidor, é, xunto con "Pump", o mellor traballo do grupo. É un album cheo de xoias: "Back In The Saddle", (que servía coma introducción nos directos), "Last Child", "Rats In The Cellar", "Combination", "Sick As A Dog", "Nobody's Fault", "Get The Lead Out", "Lick And A Promise", todas de ritmo vertixinoso e un tema lento final, coa espléndida voz de Tyler "Home Tonight", que pecha un disco (para min) absolutamente perfecto.
A xira deste disco traería por primeira vez á banda a Europa en outubro de 1976. Chegaron a Inglaterra co lema: "¡Inglaterra, esperta! ¡Este é o grupo americano máis grande!". Pero os ingleses non prestaron atención a un grupo ó que a prensa británica calificaba coma os fillos bastardos dos Rolling Stones (e que demostra que os seus pésimos gustos musicais actuais veñen de antigo).
Tras voltar ós EE.UU. e realizar un mini xira por Xapón, a banda reclúese nun monasterio perto de New York, para prepara-lo seu novo disco e descansar dos xa preocupantes excesos de alcohol e as drogas. Este illamento resulta ser un rotundo fracaso, e a compañía decide levar ó grupo de festival en festival por toda Europa, e que rematará cunha antolóxica e apoteósica actuación no Reading de 1977. Neste tour, a banda presentaba o seu repertorio habitual, e algúns dos temas que aparecerán no seu novo disco "Draw The Line" .
O disco foi publicado antes do Nadal, e convertiuse de seguido nun éxito de ventas (disco de platino). Nel destacan o tema que dá nome ó album, "Draw The Line" cunhas guitarras demoledoras, "Kings And Queens", "Sigth For Sore Eyes" e a versión do clásico do blues "Milk Cow Blues", e por vez primeira aparece o logotipo da banda tal e coma o coñecemos actualmente, e que foi deseñado polo antigo guitarra (e agora director de marketing), Ray Tabano.
No 1978, Aerosmith serán estrelas de festivais musicais coma o "California Jam", celebrado no Ontario Speedway o 18 de marzo, con Santana, a Mahogany Rush, Heart,... e 350.000 espectadores; ou o "Texxas Jam" con Ted Nugent e Van Halen, o 4 de xullo, e aparecerá un testimonio do seu arrasador directo: "Live Bootleg" , un album gravado en varias actuacións da xira, e que comeza coa música da película "Psicose" (de Berhnard Hermann), e que contén clásicos do grupo: "Walk This Way", "Draw The Line","Dream On", "Toys In The Attic", "Mama Kin", "Lord Of The Thighs", e versións coma o "Come Together" (dos Beatles), "Ain´t Got You", "Mother Popcorn" (James Brown), o tema dos Yardbirds "Train Kept A Rollin" e incluso o "Strangers In The Nigth" en plan riff guitarreiro. Tamén ese ano debutan no cine na película "Sgt. Peppers", protagonizada xunto cos Bee Gees e Peter Frampton. Pero todo este esplendor non reflexaba a situación persoal, sobretodo dos dous líderes....
Neste intervalo de cousas, Aerosmith cambia de casa discográfica, e firman un contrato con Geffen, que publicará "Done with mirrors" durante 1984. Neste disco destaca poderosamente o tema "Let The Music Do The Talking", pertencente ó primeiro disco de The Joe Perry Project, e o album foi a excusa perfecta para que sairan de novo de ruta.
En novembro de 1991, a CBS sacou unha caixa recopilatoria "Pandora's box", unha xoia absoluta que contén 4 Cd's con clásicos inmortais e rarezas coma cancións do primeiro grupo de Steven Tyler, temas dos discos en solitario de Perry e Brad Whitford, ou versións inéditas ata ese intre.
Tras semellante marabilla non sería ata 1993 cando o grupo presentara un novo traballo "Get a grip", que había servir para que Aerosmith pasara da sección de Hard Rock das tendas á sección dos superventas... Contén temas na onda clásica da banda coma "Fever", "Flesh", "Eat The Rich" (cun espléndido sample de "Walk This Way" ó comezo) e unha colección de medios tempos e baladas ("Crazy", "Cryin'","Amazing"....) que serviron para que Aerosmith sonaran nas radios comerciais e se deran a coñecer a unha nova xeración de fans sen que tivesen que converterse nuns moñas do tamaño dos actuais Bon Jovi... Aproveitando o éxito comercial actual do grupo, Columbia edita unha caixa cos doce traballos que a banda publicara con eles (incluindo recopilatorios coma "Gems" ou os dous volumes do "Classics Live"), e que se chamou "Box of fire".
Neste mesmo ano tocaron por primeira vez en España, na xira "Get a grip Tour" , deixando unha pegada imborrable do seu poderío en directo. Voltarían aquí nunha segunda parte da xira, unha das máis longas polo éxito comercial do disco.
Pouco despois, a banda firma de novo coa CBS, e a Geffen para finiquita-lo
contrato coa banda saca "Big ones" ,
un recopilatorio con temas de "Permanent vacation", "Pump", "Get a grip",
e tres temas novos: "Deuces are wild", "Blind man" e "Walk on the water"
(o primeiro deles xa fora incluido no álbum "Beavis and Butthead").
O novo contrato con Columbia durará cinco LP's, e supoñía
o regreso
a súa primeira discográfica.
O traballo do novo album comezou en 1996, cando a banda grava en Miami co productor Glen Ballard. As cousas van tan ben que a Columbia anuncia que o disco sairá en setembro dese mesmo ano.... Pero foi xusto nese punto cando as cousas comezan a complicarse: Os executivos da compañía non están nada satisfeitos co novo sonido, e no entorno do grupo desencadeanse unha tempestade: o manager da banda Tim Collins é despedido, e filtra á`prensa americana que Tyler volvera ós excesos coas drogas, tendo que ser ingresado nunha clínica de desintoxicación. Por se fose pouco, o batería Joey Kramer cae nunha fonda depresión cando morre o seu pai, e ten que ser substituido en plena gravación polo baterista Steve Perrone.... Steve Tyler ten que sair ó paso das declaracións do seu ex-manager, e a banda anuncia publicamente que pasarán un periodo de reflexión, despois do cal retomarán o material gravado con Ballard, e traballarán con outro productor en N.Y. Todos estes contratempos levan a CBS a pospoñer primeiro ata novembro e despois ata marzo de 1997 o lanzamento do disco.
Por fin o 10 de marzo de 1997 sae á venda "Nine lives", precedido polo single "Falling in love it's so hard on the knees". O resultado de tanto problema é outro disco maxistral, con temazos coma "Full circle", "Pink", "The farm", "Attitude adjustement" .... O disco contén referencias á cultura hindú, desde a súa portada (que en EE.UU. tivo que ser modificada) ata combinar instrumentos indios ("Taste of India", "Fallen angels") co son clásico do grupo.
Ó mesmo tempo, arrincou unha nova xira do grupo ó redor do mundo, e que a estas alturas debe ir por terras dos EE.UU.(outuno 98).